Venres. 29.03.2024
El tiempo

Cee estrea un disco de Alén do Mar no que participou Fernando Fraga

Cee estrea un disco de Alén do Mar no que participou Fernando Fraga
Portada-do-disco-de-Oscar-Ibanez-Alen-do-Mar

Hoxe, luns día 9 de decembro ás 20:00h, o gaiteiro pontevedrés Óscar Ibáñez fará a presentación do seu novo disco "Alén do Mar" na aula Magna da Escola Municipal de Música de Cee.
Oscar Ibañez interpretará algúns dos temas que aparecen no disco, ademais de explicar como foi o proceso de gravación dos temas.

Pero como chega ata Cee esta presentación? A razón é que, neste disco colaborou, entre outros músicos, o acordeonista e mestre da Escola de Música de Cee, Fernando Fraga.

O disco percorre o Atlántico para unir a través da música galega as culturas celtas. E para iso contou coa colaboración de músicos galegos, navarros, vascos, andaluces, irlandeses, cubanos, arxentinos, venezolanos e brasileiros.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios