Presentación máxica para as Folcromías de Fernando Fraga en Corcubión
Emotiva foi a presentación en concerto do primeiro disco de Fernando Fraga "Folcromías” na Capela do Pilar de Corcubión. A Universidade Popular corcubionesa acondicionaba o inmellorable auditorio, cunha sonoridade espectacular para escoitar o acordeón do ceense, desde obras de J. S. Bach, pasando por obras de Astor Piazzolla e rematando con obras tradicionais de países do leste de Europa, Euskadi e Galicia.
O acto foi presentado por Susana Trillo, presidenta da entidade, quen fixo un repaso sobre o extenso currículum do músico ceense e do que tamén resaltou a súa humildade por escoller este pequeno auditorio para esta presentación.
Fernando fixo pasar unha tarde estupenda ao numeroso público que encheu este recuperado epicentro cultural corcubionés polas asociacións da vila. Gozaron ca variedade de propostas musicais, e os máis especialistas notaron a diferencia entre tres tipos de acordeón que utilizou: o cromático, bandoneón e piano. Todas elas arranxadas por el mesmo e interpretadas cunha grande maestría.
Novas relacionadas
- Antía Ameixeiras ponse ás ordes de Carlos Núñez na xira por EEUU.
- Folcromías, o primeiro disco en solitario de Fernando Fraga, xa está na rúa.
- O ceense Fernando Fraga levará o seu acordeón ao Festival Intercéltico de Lorient.
- Cee estrea un disco de Alén do Mar no que participou Fernando Fraga.
- Fernando Fraga pechou ca súa música o Mes da Fundación.
- Día de emocións e sorpresas con Kepa Junkera e Pazos de Merexo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).