Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Presentan unha moción en Cee contra a nova lei que restrinxe a celebración de festas

Presentan unha moción en Cee contra a nova lei que restrinxe a celebración de festas

Está sendo moi sonado estes días o apartado C do artigo 41 da lei 9/2003, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, que afecta moi negativamente ás comisións de festas. Este artigo sinala que “a celebración de espectáculos e actividades extraordinarias e, en todo caso, os que requiran instalacións de escenarios e estruturas móbiles estarán sometidas á obtención de licenza”. É dicir, para armar unha festa, unha verbena, vai haber que presentar un proxecto completo, asinado por técnico competente, para solicitar o evento, no que se determine o axuste das festas á normativa urbanística e sectorial, e que estableza determinacións sobre prevención e seguridade en incendios. Un paso para que non están preparadas o gran número de comisións de festas do país.

Tamén teñen que presentar, entre outra documentación, plan de emerxencias, plan de auto protección, estudo da mobilidade xerada, estudo de impacto acústico e dispositivo de asistencia sanitaria. (art. 42 da sinalada lei).

Así, o primeiro grupo que presentará unha moción sobre un asunto que atinxe tanto á Costa da Morte, e máis no comezo do verán, será o Grupo Municipal Socialista de Cee, que presentará unha moción para o seu debate no vindeiro Pleno Municipal.

Considera Anabel Piñeiro que “o goberno do PP continúa a crear problemas onde non os hai e, en lugar de simplificar e eliminar burocracia, coloca nunha situación moi complicada tanto ás comisións de festas como aos concellos de toda Galicia manifestando o seu total descoñecemento da realidade do noso País”.

Fonte

  • Grupo Municipal Socialista.

Comentarios