Venres. 03.05.2024
El tiempo

Primeira mesa de traballo do Clúster e Turismo de Galicia para avaliar o sector da Costa da Morte

Cluster Mesa Traballo Turismo  Costa
Primeira mesa de traballo do Clúster e Turismo de Galicia para avaliar o sector da Costa da Morte

O presidente e o vicepresidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal e Jesus Picallo, respectivamente, abriron onte, na Casa da Cultura de Cee, a primeira mesa de traballo das 20 previstas para elaborar un diagnóstico do sector turístico en Galicia. Esta xornada, na que están convocados axentes do sector da Costa da Morte, é o punto de partida dun proceso participativo para coñecer de primeira man as necesidades e demandas do sector. Coa información recompilada elaborarase un diagnóstico que servirá de base para deseñar a planificación turística dos vindeiros anos.

A iniciativa, froito da colaboración entre o Clúster e a Axencia de Turismo, busca a máxima participación de todos os axentes do ecosistema turístico. Por iso, en paralelo á convocatoria das mesas de traballo, lanzouse un cuestionario online para dar cabida a todos os profesionais deste ámbito que queiran participar. O obxectivo é recoller información sobre a diversidade de perspectivas e desafíos que enfronta o turismo nas diferentes zonas da comunidade.

Toda a información sobre o proceso para o diagnóstico está dispoñible no portal https://diagnoseturismo.gal/ e os interesados en participar nalgunha das mesas pode inscribirse a través do apartado participa https://diagnoseturismo.gal/participa-diagnose/. A seguinte mesa terá lugar mañá venres na Coruña para abordar a situación do sector en As Mariñas e a vindeira semana será o tuno da zona da Ría de Vigo e Baixo Miño, e do Condado Paradanta.

 

Comentarios