Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Primeiras protestas polo positivo de alcolemia do concelleiro de IxCee

Primeiras protestas polo positivo de alcolemia do concelleiro de IxCee
Estes días coñeciamos unha nova difícil de dixerir. O concelleiro por Independientes por Cee, Juan Bautista Areas Lestón deu positivo por alcolemia, dando 4 veces máis do permitido pola lei. A primeira protesta chega dende a oposición, xa que o BNG de Cee pídelle ao alcalde, Ramón Vigo, que "manifeste si aproba a conduta do número dous do seu partido e concelleiro de desenvolvemento rural, Juán Bautista Areas Lestón, que cuadriplicou o máximo permitido nun control de alcolemia realizado o pasado martes 7 de decembro". Denuncian os membros da oposición que "o concelleiro de Independentes por Cee cometeu un delito contra a seguridade vial, tipificado coma tal polo codigo penal. A conduta do vicesecretario de Independentes por Cee é impropia dun representante público e constitúe un pésimo exemplo para a cidadanía". Deste xeito, solicitan que, "por dignidade, o edil debera renunciar á súa acta. Se isto non sucede, o responsable de manter no cargo a un concelleiro que non está á altura dun representante público será o alcalde de Cee, atendendo só a intereses electorais e clientelares".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.

Comentarios