![juan-bautista-arenas]()
Estes días coñeciamos unha
nova difícil de dixerir.
O concelleiro por Independientes por Cee, Juan Bautista Areas Lestón deu positivo por alcolemia, dando 4 veces máis do permitido pola lei.
A primeira protesta chega dende a oposición, xa que
o BNG de Cee pídelle ao alcalde, Ramón Vigo, que "manifeste si aproba a conduta do número dous do seu partido e concelleiro de desenvolvemento rural, Juán Bautista Areas Lestón, que cuadriplicou o máximo permitido nun control de alcolemia realizado o pasado martes 7 de decembro".
Denuncian os membros da oposición que "o concelleiro de Independentes por Cee cometeu un
delito contra a seguridade vial, tipificado coma tal polo codigo penal. A conduta do vicesecretario de Independentes por Cee é impropia dun representante público e constitúe un pésimo exemplo para a cidadanía".
Deste xeito,
solicitan que, "por dignidade, o edil debera renunciar á súa acta. Se isto non sucede, o responsable de manter no cargo a un concelleiro que non está á altura dun representante público será o alcalde de Cee, atendendo só a intereses electorais e clientelares".
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Cee.