O PSdG de Cee viaxou a Madrid para dinamizar o polígono e para mediar no conflito Ferroatlántica
A portavoz socialista de Cee, Margarita Lamela, e a súa compañeira de partido, Ema Trillo, reuníronse esta semana en Madrid co Director Xeral do SEPES, Alejandro Soler Mur. Unha cita para formular alternativas á situación de parálise actual e de posibilidades reais de futuro do parque empresarial de Cee.
As socialistas aproveitaron a viaxe para reunirse coa deputada por Ourense e Inspectora de Traballo, Rocio de Frutos, para trasladarlle a preocupación dos traballadores de Ferroatlántica polo ERTE anunciado pola empresa.
Unha situación que a empresa xustifica polo problema da enerxía, se ben Lamela considera que hai máis motivos pois doutro xeito, “a empresa só faría un ERE por 6-7 meses ata a vindeira poxa, que se celebrará en maio ou xuño, e non por 2 anos”.
Por iso, a portavoz socialista de Cee insta ao Conselleiro de Industria a adoptar as medidas legais para o cumprimento das condicións da concesión das centrais hidroeléctricas do Xallas, isto é, a viabilidade produtiva das fábricas de Cee e Dumbría, coa obrigación por parte da empresa de presentar un plan de viabilidad que garanta as actividades das ferroaleaciones, conforme xa consta na fundamentación xurídica da sentenza dictada, no seu día, pola Sala do Contencioso-Administrativo do TSJ de Galicia de 9 de maio de 1996, confirmada pola Sentenza do TS de data 15 de outubro de 2001.
Nesa mesma liña, o senador, Ángel Mato, comunicou que se atopaba pendente de fixar a data para que o Comité de Empresa se reunise co Secretario de Estado de Enerxía.
Situación do Parque empresarial
Unha situación de parálise que se dá polo “deixamento ou desidia do Alcalde de Cee, Ramón Vigo, e o seu equipo de Goberno”, segundo o grupo da oposición. E pon exemplos como a iluminación (de 63 luminarias só funcionan 8), a sinalización, as telecomunicacións, a xestión de residuos, o mantemento/limpeza, entre outras, que son competencia municipal e que non están funcionando.
Lamentan ademais que o alcalde non solicitou axudas da Xunta para a Xestión de residuos do parque empresarial, ou para vías de acceso, instalacións de sistemas de seguridade ou contra o roubo de cableado de cobre. Precisamente Vigo argumenta que os roubos de cobre son os causantes dos problemas de iluminación, “pero a realidade é que non solicita axuda algunha para tratar de dar solución a devandito problema”, lamenta Lamela.
Critican tamén que o Plan de Banda Ancha 2020 tampouco chegará ao polígono empresarial do Cee. O de Cee non será un dos 130 polígonos de Galicia que dispoñen xa de acceso a redes de máis de 100 Mpbs gracias ás axudas de Amtega, e que si teñen Vimianzo ou Ponteceso.
Medidas de dinamización do polígono
As medidas que se comprometeron a estudar dende o SEPES son:
- 1.- Abaratar o custo das parcelas.
- 2.- Facilidades para o financiamento para a compra das parcelas.
- 3.- Posibilidade de arrendamento con opción de compra da parcelas.
- 4.- Promoción do parque empresarial. O Director Xeral do Sepes comprometeuse a dar a coñecer a situación estratéxica do parque empresarial Cee, a 4 km dun dos portos máis importantes de Galicia, o porto comercial de Brens.