Luns. 07.10.2024
El tiempo

PSOE, PP e BNG denuncian retrasos do alcalde para convocar o pleno que corrobore a xestión interesada da piscina municipal

PSOE, PP e BNG denuncian retrasos do alcalde para convocar o pleno que corrobore a xestión interesada da piscina municipal
Un ano sen piscina municipal en Cee Os veciños da comarca levan case un ano sen poder usar a piscina municipal de Cee

Xa van 2 anos dende que comezaba o conflito laboral, e en breve cumplirase un ano do seu peche. Falamos da piscina municipal de Cee, un servizo público que non poden disfrutar os veciños de Cee por unha continua serie de neglixencias, públicas e privadas.

O día 22 de febreiro celebrouse a comisión informativa na que se elixou a “xestión interesada”. Con devandita aprobación, o dictame da comisión é a xestión interesada, pero o acordo ten que adoptarse polo pleno. E podería parecer sinxelo, pero non é estrano que na vila da Xunqueira o acordado nas comisións non se correspondan co que se vote no pleno. Un pleno que aínda non foi convocado polo alcalde, Ramón Vigo, a pesar de ter xa pasado 22 días dende a comisión. “Non é un problema de burocracia”, denuncia a voceira socialista Margot Lamela. “O atraso inxustificado é responsabilidade do Alcalde. Se non se convoca o pleno para aprobar a xestión non se poden realizar os seguintes trámites”, explica.

Unhas críticas que comparte a voceira do PP Zaira Rodríguez, que considera “hai cousas que se poderían axilizar máis, hai prazos que hai que cumplir, é certo, pero hai informes que se tardan en pedir e revisar e outros temas que se poderían ter realizado máis rápido. Xa levamos demasiado tempo”, lamenta.

Tamén pide Serxio Domínguez, voceiro do BNG, que o alcalde explique a tardanza en solicitar o pleno, e dá por perdido o 2017 para volver a abrir a instalación. Un BNG que culpabiliza á “falta de valentía do goberno de IxCee e do PP, pois os dous erraron desde o comezo do conflito, aliándose en favor da empresa en outubro do 2015 para perdoarlle a sanción e perderon a oportunidade de facerse co servizo”.

En todo caso, aínda quedan moitos meses para que poidamos ir á piscina, pois despois de ser aprobada a forma de xestión en pleno, procede estudar e aprobar o pliego de condicións e sacala a licitación.

Xestión Directa

En Comisión, os grupos votaron a favor da Xestión Interesada, a pesar de que nin PP nin BNG están dacordo. Zaira Rodrígez considera que a mellor opción sería a concesión, tal e como estaba actualmente, porque cre que “se vai ben non hai problema, pero se vai mal, temos que aportar cartos dende o Concello, e quen sabe se a empresa se vai relaxar sabendo que o Concello ten que estar detrás”.

Polo lado contrario, o BNG, que leva moito tempo propoñendo a xestión directa e mesmo ten presentado máis de 600 sinaturas apoiando esa idea. “O BNG non vai votar pola xestión interesada no pleno porque a fórmula leva consigo que inevitablemente o concello vai ter que poñer unha cantidade económica importante ao ano, o que aceptaríamos se o servizo fose deficitario levándoo nós e comprobando que cantidade sería precisa”. “É cando menos curioso que pasemos de recibir un canon de 10.000€ euros durante anos a ter que desmbolsar máis de 100.000€ euros segundo o nefasto informe que se nos presentou”, valora. Así, asegura que “BNG segue insistindo na xestión directa. Só desta maneira a piscina podería ser aberta nun prazo mínimo de tempo e coa total seguridade de coñecer, cunha fiabilidade total, a realidade económica da instalación”.

Tamén lle encantaría á voceira do PSdG asumir a xestión directa, que consideraría “ideal”, pero entende que “a situación económica actual do Concello, os orzamentos prorrogados, a lei de racionalización presupuestaria... fan imposible dita xestión”. Así, considera que “a mellor opción, no momento actual é a xestión interesada”. E explica como funcionaría: “Na xestión interesada o Concello e a empresa adxudicataria participan nos resultados da explotación. O Concello ten que participar de forma activa no control da xestión da piscina, pero non só no económico, senón que ten que incentivar, promocionar a piscina... para que aumente no número de usuarios e volva ser unha das instalacións deportivas máis importantes da Costa da Morte”.

Lamela asegura ademais que “o plan de viabilidade encargado polo Alcalde a unha empresa externa, parte dun dato erróneo: a viabilidade da xestión interesada non depende do número de abonados. Depende do resultado da conta de explotación, isto é, da diferenza de ingresos e gastos. Os ingresos non proceden unicamente do número de abonados, senón do número de usuarios”, explica. “Realicei un estudo sobre este tipo de xestión en varias piscinas públicas e no pliego de condicións de establece que o Concello respondería como un máximo ata 50.000 euros de existir perdas e si hai benificios a empresa ten que abonar ao Concello, a porcentaxe que se fixe no pliego. Si o Concello de Cee paga 15.000 en lumes artificiais ou asume sobre 20.000 euros no mantenimento do campo de fútbol, pode asumir ata un máximo de 50.000 euros por un servizo esencial que supón unha mellora na saúde de moitos dos seus usuarios. A piscina é un servizo que non ten por obxecto obter rentabilidad económica, senón unha mellora na calidade de vida”, argumenta.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios