QPC leva o seu 10 aniversario aos Institutos fomentando a lectura crítica


Moi enriquecedora a experiencia que levamos a cabo esta semana en varios Institutos da comarca. Enmarcadas nos #10anosQPC realizamos unha serie de visitas para achegarnos á mocidade. Fixémolo cunha doble intención: dar a coñecer un traballo incansable que facemos dende hai 10 anos neste pequeno e comprometido medio de comunicación; e aportar un pequeno grao de area no fomento da actitude crítica dos moz@s lectores.
Foron Ubaldo Cerqueiro e Lorena Martínez Canosa os encargados de levar esta sesión ao IES Maximino Romero de Lema de Baio, ao IES Terra de Xallas de Santa Comba e ao IES Fernando Blanco de Cee. Alumnos de 4º da ESO, e 1º e 2ª de Bacharelato escoitaron como medrou o diario nestes 10 anos de vida, comezando polos obxectivos principais cos que nacía aló polo 2017: vertebrar a Costa da Morte a través da rede, ennobrecendo a lingua galega (dándolle protagonismo na rede e nun medio de comunicación, onde tanto escasea).
A evolución da comunicación e dos hábitos de consumo nestes anos quedou patente na sesión, e os propios alumnos dos 3 centos corroboraron que son habituais lectores de QPC. Iso si, a través do móbil (como xa case o 70% dos nosos lectores), como das redes sociais (tendo en conta que o 50% das nosas visitas chegan a través do FB).
A inmediatez da información á que podemos acceder, ten o seu contrapunto na posibilidade de ser enganados se non temos unha actitude crítica ante o que lemos. E precisamente nesa liña vai a parte práctica que trasladou Lorena Martínez aos alumnos, consistente en aprender a identificar as “fake news”, as xa tan coñecidas novas falsas, que ás veces compartimos nas nosas redes mesmo sen abrilas e lelas.
Por iso, a través dunha sesión interactiva, os alumn@s foron debullando a veracidade ou non de 3 exemplos de novas.
Un achegamento que nos serviu para probar o espírito crítico dos alumnos da zona, e comprobar que os rapaces de 15-16-17-18 anos xa len QPC!
#10anosQPC
10 entrevistas para #10anosQPC
- Fran Hermida: “QPC e mais eu temos a mesma vontade de dinamizar o ‘microuniverso’ da Costa da Morte”.
- David Lourido: “Neste mundo tolo, é imprescindible construír en local”.
- Javier Calaza: “Seguramente ocorréuseme o nome de Quepasanacosta tomando uns viños”.
- Alberto Pose: “QPC foi unha revolución na maneira de informar onde todos podíamos axudar e tiñamos voz”.
- Dani Cerqueiro: “Cando escoitei a Louzan dicir que dimos voz á sociedade civil da Costa da Morte sentinme orgulloso”.
10 artigos para #10anosQPC
- Víctor Castiñeira: Dez anos ó servizo da comarca.
- Javi Turnes: A propósito do Que-pasa-na-Costa.
- Serxio Iglesias: #10anosQPC: A lenda dos anxos que pilotan o automóbil negro.
- Viki Rivadulla: QPC: O Compromiso.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)