As quenllas volven de visita: “Que as deixen tranquilas”

Quenlla vista onte en Estorde

Non fallan. Cada verán as quenllas, ou tiburóns peregrinos achéganse polo noso litoral, e deixan estampas impactantes para os bañistas, tanto para os lugareños como para os visitantes.

Así acontecía na tarde de onte en Gures (Cee), onde con esas augas cristalinas se divisiba á perfección este exemplar infantil.

”A partir de agora virán a centos”, recordan dende o CEMMA Cetáceos, así que mellor ir sabidos: son inofensivos (é un animal filtrador, planctónico), pero cómpre deixalos tranquilos.

Novas relacionadas