As quenllas volven de visita: “Que as deixen tranquilas”
09:31 20/07/23
Non fallan. Cada verán as quenllas, ou tiburóns peregrinos achéganse polo noso litoral, e deixan estampas impactantes para os bañistas, tanto para os lugareños como para os visitantes.
Así acontecía na tarde de onte en Gures (Cee), onde con esas augas cristalinas se divisiba á perfección este exemplar infantil.
”A partir de agora virán a centos”, recordan dende o CEMMA Cetáceos, así que mellor ir sabidos: son inofensivos (é un animal filtrador, planctónico), pero cómpre deixalos tranquilos.
As quenllas volven visitarnos. Está foi vista en Estorde.
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) July 19, 2023
Dende o @CEMMAcetaceos lembran que non fan nada pero aconsellan deixalas tranquilas. pic.twitter.com/VUvkDsRQzR
Novas relacionadas
- Xullo 23: Unha balea e varios golfiños cazados polo Taximar.
- 2021: Golfiños gravados dende o mar
- 25-09-2020: Nemiña rexistra o terceiro varamento dun marraxo en 30 anos nas costas galegas.
- 24-09-2020: As incomprendidas e inofensivas candorcas.
- Setembro 2020: Unha visita moi cariñosa de Manoliño, o golfiño solitario da ría de Muros.
- Xuño 2020: Avistan o arroaz solitario pola ría de Muros e unha balea alibranca por Fisterra.
- Agosto 2020: Unha balea boreal polo mar da fin da terra
- Agosto 2019: As baleas volven por Fisterra.
- Xullo 2019: Unha viaxe polo mar de Fisterra con golfiños, candorcas, baleas alibrancas e tiburóns peregrinos.
- Buceando cas quenllas no mar de Louro.