Domingo. 01.11.2020
El tiempo

Nemiña rexistra o terceiro varamento dun marraxo en 30 anos nas costas galegas

Marraxo varado en Nemiña. Fotos: FB "Playa de Nemiña"
Marraxo varado en Nemiña. Fotos: FB "Playa de Nemiña"
Nemiña rexistra o terceiro varamento dun marraxo en 30 anos nas costas galegas

Este martes recollían na praia de Nemiña un exemplar varado de marraxo. Non é doada atopar esta especie de tiburón, máis nerviosa que a típica quenlla, pola costa, e de feito dende a Coordinadora de Estudo dos Mamíferos Mariños recoñecen que só había rexistrados outros dous varamentos de marraxos nos 30 anos dende que se fan estudos.

Trátase dun exemplar de 2 metros de lonxitude, que non tiña ningún signo de violencia, segundo confirmaba o CEMMA.

A Coordinadora mesmo deixa aberta a porta a que os continuos avistamento dunha parella de candorcas pola zona teña que ver con este varamento, pois a mesma noite do martes hai rexistrada unha nova interacción en Fisterra con dúas candorcas.

Novas relacionadas

comentarios