Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os Reis si pasarán por Cee

Alumeado de Nadal en Cee-Fto-Rafa Quintans
Cee xa ten prendido o alumeado de Nadal-Foto da Alameda de Rafa Quintáns
Os Reis si pasarán por Cee

O de Cee é un dos primeiros concellos en acender as luces de Nadal. E tamén será un dos poucos nos que Papa Noel e os Reis Magos pasen coma se non houbese pandemia. No marco da completa Programación de Nadal, o xoves de Noiteboa Papa Noel fará un percorrido por todas as parroquias do Concello, pero avisa de que hai que manter as distancia social, e de que non se tirarán caramelos.

Sairán pola mañá do campo da Festa de Gures, e pasarán durante todo o día seguindo o percorrido que completamos abaixo. A mesma ruta farán os Reis Magos o 5 de xaneiro.

Pero ademais, Cee tamén se apunta ao #NadalDixital de www.nadal2020.es, xunto a Corcubión, Carnota e Malpica, para queos Reis fagan unha visita virtual ás casas.

Programa cultural

O domingo 13 de decembro a Casa da Cyltura acollerá, ás 20:00h a obra Sós, de Malasombra.

O sábado 19, á mesma hora, cita musical co recital “Bo Lyirc Nadal” de Vento Dolce, coa voz de Gemma Román e o piano de Andreina Muñoz.

Xa o sábado 26, ás 12:00h, música de nadal na rúa con integrantes da Banda de Música de Cee.

O domingo 27, no auditorio, ás 18:00h, Abarajar Producciones trae “Enmagiarte” da man de Dani Polo.

O luns 28, ás 18:00h cita infantil con A Xanela do Maxín e a súa “U-la Lúa?”.

E o martes 29, tamén ás 18:00h no Auditorio, Hermanager Producións trae “Apren-Deimi”.

Horarios de Papa Noel e dos Reis

Gures (campo da festa): 11.00 h. Ameixenda (campo da festa): 11.10 h. Brens (escolas): 11.25 h. Camiños Chans (pista polideportiva): 11.35 h. Toba de Abaixo (Bar Toba): 11.50 h. Estorde (praza de Dona Julia): 12.00 h. (zona aparcamento camping): 12.10 h. Lobelos (Bar Villaverde): 12.20 h. Morancelle (almacéns Fandiño): 12.25 h. Vilanova:12.30 h. Codesos: 12.35 h. Pereiriña (escola): 12.40 h. Pereira (capela San José): 12.45 h. Porcar: 12.50 h. Lires (praza): 13.00 h. Canosa: 13.10 h. Tedín: 13.15 h. Ruibo:13.20 h. Cabaleriza: 13.25 h. Sembra: 13.30 h. Vilar de Toba (zona aparcamento supermercados estrada A Coruña): 13.35 h. Xallas: 13.45 h. Lagarteira: 13.50 h. Escabanas: 13.55 h.

Rúa da Flor: 17.00 h. Rúa Buenaventura Castro Rial: 17.05 h. Praza da Constitución: 17.10 h. Rúa Rosalia de Castro, Rúa de Arriba: 17.15 h. Rúa Pepe do Pocho: 17.20 h. A Armada: 17.25 h. Rúa Campo do Sacramento: 17.35 h. Paseo do Alcalde Pepe Sánchez (Aspadex): 17.40 h. Avda Finisterre: 17.50 h. Cruce de Roget: 18.00 h. Rúa da Escola 18.05 h. Estatuto de Autonomía 18.10 h. Rúa Europa, Rúa Independencia 18.15 h. Rotonda Mercado 18.20 h. Rúa Domingo Antonio de Andrade 18.25 h. Praza das Palmeras 18. 30 h. Avda. Fernando Blanco 18.35 h. Avda. Finisterre (saída cara A Coruña): 18.40 h.

Comentarios