Rematadas as obras de mellora dos accesos ao HVDX

09:52 22/10/20
Remataron as obras de mellora da acecesibilidade no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Unhas obras que supuxeron un investimento de 100.000€ “para conservar e mellorar a seguridade vial e a comodidade dos usuarios que acoden a diario ao centro de saúde; e para protexer o conxunto do firme mellorando o aspecto e a durabilidade”, como explicaba o novo delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, na súa visita institucional.