![Os nenos saharahouis xa chegaron a Cee a pasar as vacacions en paz]()
A concelleira de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Persoal do Concello de Cee, María Isabel Fernández Durán, afirmou ante os medios nas últimas horas que este venres, 31 de agosto, desenvolverase un acto de despedida do programa de conciliación RESPIRA.
A cita será a partires das 13:15h no CEIP Eugenio López. No acto entregaranse unha serie de diplomas a todo o alumnado. Tamén haberá tempo para unha pequena festa de despedida.
Despedida dos rapaces saharauis
O Concello de Cee tamén informa que chega ao remate a estancia dos nenos chegados dende o Sahara. A festa de despedida chegará o sábado, 1 de setembro, ás 16:30h.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Cee.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).