Mércores. 16.10.2019
El tiempo

Repaso ao sumario da Operación Orquesta (III): 3 novos imputados

Repaso ao sumario da Operación Orquesta (III): 3 novos imputados

Continúa a Operación Orquesta en marcha. I é que hai varias novidades. Hai 3 novos imputados, e se tratan do corcubionés organizador do Mercado Medieval, Carlos Rey, o arquitecto da empresa Ogando, Miguel Ángel Rodríguez, emais un empresario do sector da construción.

Rey, que onte acodía a declarar á Comisaría de Lonzas, na Coruña, é acusado de captación de forma irregular de subvencións, coa connivencia da Consellería de Cultura e Turismo.

Novas declaracións

Onte eran 11 as persoas que pasaban a declarar polo Xulgado de Primeira instancia e Instrución número dous de Corcubión. Das once declaracións, catro eran testemuñas e sete imputados. Estes últimos xa declararon en Lonzas a finais do mes de marzo e relacionados co Concello de Cee e se tratan da secretaria e a administrativa (acusadas de “Tráfico de influencias”), un Policía Local (con cargos de “prevaricación”), a Xefa de Gabinete (acusada de “malversación de fondos”). Ademais, os outros dous imputados que pasaron declaración foron o o secretario e o arquitecto do Concello de Fisterra.

Ademais, tamén pasaron como testemuñas 4 persoas relacionadas co concello ceenses, como son a tesoureira, a interventora, o aparellador municipal e o axente de desenvolvemento local. Interesante foi a aportación da interventora, que apunto que realizou numerosos informes desfavorables ás propostas de adxudicación de obras por parte do Concello.

Non tanto foi a aportación da Xefa de Gabinete, que se negou a responder mais preguntas. Sobre ela o sumario é claro, "Non só é coñecedora da actividade presuntamente ilícita do alcalde senón que colabora na súa execución", afirma o maxistrado no seu auto de imputación.

Máis información sobre Carnota

Iso si, a investigación solicitou máis información sobre a contratación de obras en Carnota.

Novas escoitas dramatizadas

E deixamos novas escoitas dramatizadas polo equipo da Radio Nordés - Cadena Ser e que temos a sorte de poder compartir con todos vós.

Aquí escoitamos como Jorge López mételle unha bronca a Ogando por non aparecer nunha cita con Ramón Vigo, e Ogando explica que "está esperando que lle pasen un prezo".

Ogando e Vigo

Vigo decide as contratacións de Ogando

Outra das escoitas demostra como o alcalde de Cee Ramón Vigo dirixe as contratacións da empresa muxiá. "Pois déixame ver esa lista, por se me coincide algún que interese, dille Vigo a Ogando.

Revista de prensa

Máis información

Artigos relacionados

Nova relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Dramatizacións sonoras da Radio Nordés - Cadena Ser.

Comentarios