Repaso ao sumario da Operación Orquesta (IV): De verbena no Parlamento
Preto dos 25 imputados xa na Operación Orquesta. I é que a trama segue extendéndose xa por concellos fora da bisbarra. Pero as cousas dentro da Costa da Morte segue quente, con novas filtracións do sumario que dan conta da gravidade da trama de corrupción.
A Orquesta chega ao Parlamento
Son os partidos políticos os que toman o relevo, e o PSOE pedíu a comparecencia do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo para que explique a suposta implicación das 3 consellerías (Secretaría Xeral para el Turismo, la Consellería de Traballo e Portos de Galicia) na trama.
Dende o BNG tamén van presentar varias preguntas no Parlamento sobre a implicación da Xunta na trama.
30 anos para Vigo
Sinalan que o máis perxudicado pode ser o alcalde de Cee Ramón Vigo. Ata 30 anos de cárcere pode acumular cos seus cargos de "tráfico de influencias, malversación de fondos públicos, prevaricación e soborno".
As comidas de negocios
Comilonas como a que xuntou en Fisterra a representantes políticos de Mazaricos, Fisterra, Muros, Zas, Dumbría, Porto do Son, Cee, Muxía e Corcubión son as que demostran que os negocios turbios, na política, dedcídense co prato diante. E sempre son as empresas as que invitan, a cambio de que os Concellos realicen dous delitos: fraccionar irreglarmente as obras públicas en partidas de menos de 200.000€ (que non necesitan ir a concurso) e adxudicar a dedo, mesmo en contra dos informes de Secretarios e Interventores.
E seguindo en clave gastronómica, para seguir demostrando onde se decide o futuro da nosa bisbarra, aquí escoitarmos como Antonio Domínguez queda con Ramón Vigo para reunirse e comer “en un lugar discreto”. Supostamente neste xantar foi cando o xefe dos populares ofrecía o liderazgo do PP a Vigo, como o propio alcalde de Cee denunciaba a semana pasada cando asegura que a "trama na súa contra está liderada por PP e PSOE por renunciar a encabezar as súas listas".
Pago Golden Apple QuarterPero é que ademais hai indicios de que certos representantes políticos, ademais de malversas fondos, quedáronse con cartos no seu peto, e mesmo hai indicios de que hai funcionarios e representantes políticos que utilizan o "cazo" como unha práctica habitual na adxudicación de obras.
Revista de prensa
- El Mundo: La 'operación Orquesta' sigue creciendo y ya apunta a la Xunta y a otros municipios.
- El País: Constructores de la Costa da Morte pactaban los amaños de concursos.
- La Voz de Galicia: Los delitos que imputan al alcalde de Cee suman penas de más de 30 años de cárcel.
- La Voz de Galicia: Las obras de Cee se dieron a dedo, según los funcionarios.
- El Correo: Uno de los abogados de la operación Orquesta cobra la hora de trabajo a 400 €.
- ABC: La exclusión del alcalde de Muxía marca un sumario que ignora a ediles del PSOE.