Risitas vive feliz en Aspadex

Segue a inciativa Salvacadelos traéndonos historias bonitas. A última ten como protagonista a Risitas, un pequeno canciño que buscaba familia dende a Clínica Veterinaria Argos de Cee.

Foi a familia de Aspadex a que o acolleu e a resposta de todos non pode ser mellor. As veterinarias foron esta pasada semana a vacinalo e a poñerlle o microchip ás instalacións que Aspadex ten en Toba, Cee. E tanto os usuarios, como os mestres, como os traballadores están encantados con ela. E ela con todos!!

Jorge e Tomás, os que vemos na foto, son os responsables do seu coidado, pero todos xogan con ela. Xa teñen unhas pautas para os seus coidados (alimentación, hixiene...) que lles deixaron as veterinarias e proba do bo trato son as caras de felicidade de uns e outra! De feito, ninguén quixo perder ocasión de sair na foto dicindo "Risitas"!!!!

Menuda familia máis auténtica que ten creado desta volta Salvacadelos.com!!!

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (salvacadelos@quepasanacosta.gal).