A historia do gato e a salvadora Meme


Segue a iniativa solidaria Salvacadelos traendo de cando en vez algunha historia bonita. Hoxe contamos a historia de Meme, un gatiño que foi atopado na rúa de Camariñas cunha pata destrozada. Unha desas historias que veñen a servirnos de exemplo de que en temas de respeto animal, temos moito que aprender dos nosos veciños europeos.
A súa Salvadora foi unha turista inglesa que fixo escala en Camariñas forzada polo temporal cando estaba co seu marido facendo unha travesía en barco.
Coa axuda dunha policía local achegouse á Clínica Veterinaria Argos. Despois de facerlle unha exploración e unha radiografía ó gato, as veterinarias informaron á salvadora que a pata estaba perdida e a única opción que había era amputarlla…
Non o dubidou. Ela costeou a operación, aproveitando a anestesia para castralo.

Buscando un fogar
A salvadora pediu que se lle buscase unha casa aquí, na súa terra, para evitarlle a Meme o estrés da viaxe ata Inglaterra. Pero deixou claro que no caso de non encontrar un fogar para él buscaría a maneira de levalo para alá.
As veterinarias bautizaron o gato co nome de Meme porque é o nome da súa salvadora.
Así que polo de pronto Meme busca fogar pola Costa. É un gato moi bo e cariñoso. É noviño, e coas 3 patiñas que lle quedan, pode facer perfectamente vida normal. De non atoparlle casa, terá que emigrar, coma outros miles de galegos…
Máis información de Salvacadelos
Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:- Salvacadelos.com.
- Salvacadelos polo Facebook.
- Clínica Veterinaria Argos de Cee: T. 981 745 826.
- Editorial: Cumple a lei, identifica ao teu can.
Novas relacionadas
- Salvando unha Salvadora.
- Aquí non se tira nada: Carrito para cans.
- Hippy axuda aos peques da Gardería de Cee a perderlle o medo aos cans.
- Amor a primeira vista en Salvacadelos.
- A Clínica Veterinaria Argos xa ten páxina web by Empresasdacosta.
- A gran loita de Cid en Salvacadelos.
- Araceli e Inés, unhas verdadeiras Salvadoras dende Bergantiños.
Fonte
- Redacción de QPC (salvacadelos@quepasanacosta.gal).