“O rosa é máis que unha cor"
Puxo o lazo rosa a estatua da Praza 8 de marzo de Cee, para celebrar, coa Xunta Local de Cee da AECC, o Día Mundial contra o cancro de mama. E “o rosa é máis que unha cor”, como sinalaron no manifesto as bravas mulleres protagonistas da cadea humana formada no centro da vila da Xunqueira.
Un xeito de simbolizar o apoio e compromiso da sociedade ceense coas persoas afectadas por esta enfermidade e as súas familias, asi como sensibilizar á sociedade sobre a importancia da prevención e o diagnóstico precoz.
Asemade como mostra de apoio, os establecementos dos concellos de Cee, Corcubión e Dumbría, que forman parte da área de referencia da xunta local da asociación, exhiben estes días adhesivos de lazos rosas nos cristais dos seus establecementos.
Este foi o manifesto: