Venres. 11.10.2024
El tiempo

Cee uniuse pola saúde mental: “A saúde mental é un dereito”

Cadea humana en Cee pola Saude Mental-Foto-Rafa Quintans
Cadea humana en Cee pola Saúde Mental-Foto-Rafa Quintáns
Cee uniuse pola saúde mental: “A saúde mental é un dereito”

Emotiva xornada de reivindicación a vivida onte en Cee co gallo do Día Mundial da Saúde mental. A familia de APEM facía unha convocatoria á que respondía á sociedade, participando nunha cadea humana que encheu a praia da Concha, de lado a lado.

Dende a entidade, o equipo de profesioais agradeceron a colaboración de todas as persoas, asociacións e entidades que participaron. Nomeadamente a xerente do HVX, Carmen Otero, persoal de saúde mental como moito persoal sanitario do centro, farmacéuticos, o alcalde do concello de Corcubión, concelleiros/as de Fisterra, Cee, directora do CIM de Cee... representantes e usuarios/as de ASPADEX, Reiseñores, Paseniño, Afafes, Asociación Loita contra o Cancro de mama, equipos directivos, profesionais e alumanado de CPR pluriligüe Manuela Rial Mouzo e IES Fernando Blanco... e un gran número de persoas que voluntariamente participaron.

Así foi o emotivo manifesto, que arrincaba cun claro “A saúde mental é un dereito”, no que non faltou a necesaria referencia a tratar, en fite, a prevención do suicidio:

Cadea humana en Cee pola Saude Mental-Foto-Rafa Quintans 4
Foto-Rafa Quintáns
Cadea humana en Cee pola Saude Mental-Foto-Rafa Quintans 2
Panorámica da Concha-Foto-Rafa Quintáns

Comentarios