mércores. 30.04.2025
El tiempo

Sanitarios do Hospital de Cee e dos Centros de Saúde volveron saír á rúa para esixir medidas contra as agresións

Concentracion Centro de Saude Cee
Concentración no Centro de Saúde de Cee
Sanitarios do Hospital de Cee e dos Centros de Saúde volveron saír á rúa para esixir medidas contra as agresións

Os profesionais sanitarios do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee e doutros Centros de Saúde como os de Muxía e Cee (en Vimianzo había tal carga de traballo que non puideron facer parada) volvían concentrarse ás portas do centro para denunciar a falta de medidas concretas para asegurar a seguridade dos profesionais tralos sucesos acontecidos en Urxencias do CHUAC hai xa dous meses.

No marco da campaña “Stop Agresións” que protagonizan os profesionais de toda a área sanitaria Coruña-Cee, xuntáronse na porta para esixir a seguridade nos postos de traballo, pedir máis persoal e poder mellorar os espazos de traballo.

Concentracion Centro de Saude Muxia
Concentración no Centro de Saúde de Muxia
Concentacion seguridade HVDX
Concentración no HVDX

Comentarios