Xoves. 28.03.2024
El tiempo

SOGAMA reserva dúas parcelas no Polígono Empresarial de Cee

Polígono de Cee
SOGAMA reserva dúas parcelas no Polígono Empresarial de Cee

Aínda o martes a entidade semipública Suelo Empresarial del Atlántico aseguraba que non formalizara ningunha venda de terreos do Polígono de Cee á empresa Sogama. Este mediodía de xoves 4 de febreiro, SEA pode confirmar que si, que a empresa pública galega Sogama realizou a reserva de dúas parcelas no parque empresarial.

Sogama prevé trasladar ao polígno a súa planta de transferencia, situada a día de hoxe no Monte do Son, no polígono, facéndoa máis grande e máis moderna, e adecuando as instalacións á implantación de “medidas europeas para a transición ecolóxica e un futuro máis sostenible”, como sinala Beatriz Sestayo, presidente de SEA.

Foron semanas de conversas que dan con resultado a reserva de 4.530 metros cadrados de superficie. Trátase, en concreto, de dous parcelas, a número 15, de 2.208 metros cadrados e a 16, de 2.322 m2. A suma total da operación, unha vez apróbese en Consello de Administración e se formalice a venda, ascenderá a 271.347 euros.

En Ponteceso

Este investimento é paralelo ao que a empresa pública SOGAMA está valorando no Polígono de Tella, tamén en clave de mellora da eficiencia, ampliar a capacidade e prestar un mellor servizo das plantas de transferencia.

Novas relacionadas

Comentarios