Os “Soles”' de Gésico iluminan o outono de Stoupa
Chega o outono e, como coa estación, as paredes de Stoupa mudan a novas tonalidades e experiencias. A galeria ceense inaugura o sábado 12 de outubro ás 12.30h unha nova exposición titulada 'Soles' da fotógrafa carballesa Gésico, cunha sesión vermú cargada de dopamina dourada.
A exposición componse de 10 fotografías de diferente formato, cuxo protagonista son sempre os atardeceres.
Jessica Mato, "Gésico", autodenominase como adicta aos Sunset. O que empezou como un exercicio de perfeccionamento á hora de captar toda a esencia dun atardecer coa súa cámara converteuse na súa maior paixón. Inmortalizar ese instante non é nada fácil, cando o ceo vístese de ouro, ocre e de máis cores, todo detense menos o sol. Este exercicio require de técnica, de control, de procura dos mellores enclaves, meteoroloxía, situación e hora. Ela consegue captar a realidade a través dos sentidos, porque vai máis aló da función representativa dun atardecer, consegue transmitirnos esa sensación de felicidade e satisfacción de ver como o sol desaparece para dar paso á noite.
Jessica Mato (Gésico) é fotógrafa profesional que fuxiu ás Antípodas en busca de novas inquietudes e regresou ao seu Carballo natal para reencontrarse co seu primeiro amor: a fotografía.
Inquieta empedernida, adicta ao mar, aos bicos e as risas! Fiel devota do amor, a amizade e a familia! Unha insaciable rutera e interminable curiosa. Encántalle a luz natural en todas as súas vertentes, goza fotografando emocións e o seu mellor estudo é a natureza (bosques, praias, montañas ...)
Realiza fotografía de eventos, corporativa, social, produto, moda, viaxes e todo aquilo que poida ser documentado a través desta disciplina.
Ten un estilo moi fresco e actual. Gusta de captar os instantes que refleien a esencia do momento, das
persoas e do lugar.
A exposición 'Soles' poderá visitarse ata finais de novembro no horario habitual da galería Stoupa.