Venres. 19.04.2024
El tiempo

Llou ponlle cor ao país en Stoupa

SAla
Llou ponlle cor ao país en Stoupa
#FantasíasDoPaís de LLou Insidias en Stoupa ata finais de novembro Llou dalle un toque de cor ao país en Stoupa

Moitas gañas tiñamos de ver a obra de Llou Insidias. E xa a podemos facer na Galería Stoupa, en Cee, coa exposición titulada “Fantasías do país”. Unha mostra que amosa unha colección de pezas que afondan nas ideas e imaxes do territorio e o entorno, dándolle un toque de cor moi singular.

Yolanda del Campo (Vigo,1980) -coñecida artisticamente como Llou Insidias- é unha artista vencellada a Corcubión e á Costa da Morte dende hai 15 anos, sendo unha das promotoras do Artenauta, Festival das artes da Costa da Morte.

Como comunicadora, dálle moita importancia aos títulos das súas obras, e é aquí onde consegue pechar o circulo da súa abstracción facéndonos chegar o que realmente significa para ela vivir: algo trepidante e moi divertido.

#FantasiasDoPaís poderá visitarse na galeria ceense ata o 30 de novembro en horario de martes a sábado de 11 a 14 horas, e a calquera hora e día mediante cita previa chamando ao 661436483.

Comentarios