Stoupa pon en valor ás ilustradoras Olaia Sendón, Helena Gamos e Laura Suárez
07:34 06/10/22
Temos xa visto algunhas das obras pero nunca está demais recuperar estas xoias gráficas feitas por mulleres de, ou moi vinculadas, á Costa da Morte. Así o entende a Galería Stoupa, que este outono dedica o seu espazo expositivo ás historias de Olaia Sendón, Helena Gamos, e Laura Suárez.
A primeira, moi vinculada á Sardiñeiro dende pequena canda seu pai, presentou o ano pasado na vila fisterrá “A crebeira Marabillas”.
Gamos, madrileña crecida en Nemiña, ten publicado "O vixía dos mil faros”.
E a ceense Laura Suárez fainos mergullarnos no "Monte Pindo. Historias e lendas do olimpo Celta”.
Os 3 libros ilustrados farannos reflexionar e valorar o traballo gráfico durante a nosa visita á galería ceense.