7anosstoupando: A Galería Stoupa continúa expoñendo a arte da Costa da Morte
Unha heroicidade a que seguen facendo Begoña Fernández e José Carlos Leis Caruncho. Manter viva unha galería/tenda de arte “senporsen” costeira é todo un desafío, e son xa 7 anos permitindo que artesás e artesáns de toda a comarca teñan un espazo onde amosar o seu traballo.
E co gallo do aniversario da combativa Galería Stoupa, Begoña ten lista xa a nova mostra #7AnosStoupando, conformada por unha selección dalgunhas das pezas artísticas e artesanais máis interesantes da comarca.
O espazo ceense presenta esta nova exposición multiartística nun proxecto que se erixe como único na zona. Dende os artistas máis cercanos ata algunhas peronalidades invitadas, a exposición busca visibilizar, como vén sendo habitual durante estes sete anos, o traballo de artistas locais ou daqueles que están relacionados coa nosa contorna.
Pobran pois, as paredes de Stoupa, os traballos en collage de Soutullo, as formas volumétricas de Josecho ou as libres pinturas expresivas de XMÑ. Contará tamén cos bronces e cerámicas artesanais de Oscar Aldonza e Columba Bello como artistas invitados que completan e dotan de dinamismo e movemento especial o resto da exposición. As obras de todos eles poderán visitarse libremente dende o 14 de xullo ata 15 de setembro, no horario habitual de Stoupa.
A mostra colectiva compreméntase cas cerámicas artesanais, cas cartografías dos pecios de Pepe de Olegario e obxetos variados dos artistas habitualmente colaboradores, que mesturan tradición e innovación, e abogan pola sensibilidade artística e a conciencia dunha zona cargada de historia, tradición e calidade, e que segue a agochar tesouros listos para ser apreciados e comprados.
NOVAS RELACIONADAS
- Outubro 22: Llou ponlle cor ao país en Stoupa.
- Xuño 22: Stoupa e Egueire celebraron unha velada festiva “De Costa a Costa”
- Xullo 21: 5 anos Stoupando a cultura da Costa da Morte.
- Xullo 21: Stoupa poxa 35 pezas inéditas da colección #CorentenaCreativa .
- Febreiro 20: Stoupa bótase a navegar polo mar cultural da Costa con Xosé Iglesias e varios patróns.
- Decembro 19: A Galería Stoupa pecha o 2019 como referente cultural.
- 2019: Nano Unzueta reúne en Stoupa á elite da artesanía costeira.