Sábado. 14.12.2019
El tiempo

Solpor intenta reflotar Cee como centro de servizos para o Camiño

Solpor intenta reflotar Cee como centro de servizos para o Camiño
Solpor intenta reflotar Cee como centro de servizos para o Camiño

A Asociación de Empresarios do Camiño de Fisterra - Muxía Solpor vén de manter unha xuntanza no Concello de Cee. A alcaldesa, Margarita Lamela, e o Concelleiro de Cultura e Turismo Juanma Buiturón, recibiron a Jesús Picallo e Sergio Picallo Rodriguez para escoitar as propostas da entidade para recuperar a presencia de Cee como referente do sector servizos pola súa ubicación estratéxica e o seu amplo abanico de ofertas turísticas.

Picallo valora as posibilidades saudables da vila da Xunqueira, como a piscina climatizada, rutas, Hospital… así como a oferta de ocio como o Centro Comercial, cine, Museos... E servizos como o Mercado de abastos, ademais do seu patrimonio etnográfico.

Unha aposta pola posta en valor e promoción do Xeodestino Costa da Morte, por parte de Solpor.

Comentarios