Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O Sorriso de Daniel trae unha conferencia sobre o Románico a Cee

Carme Varela Sorriso de Daniel
Carme Varela será a encargada de impartir a charla
O Sorriso de Daniel trae unha conferencia sobre o Románico a Cee

Este venres 16 de decembro ás 20:00h, a Igrexa Parroquial de Cee acolle unha conferencia sobre "A nova parroquia do románico galego" realizada pola asociación O sorriso de Daniel, acto que forma parte da programación do Ano Xubilar da Xunqueira.
 

A entidade fundada en 2010, considera que a marea das igrexas, dispersas polo rural, precisan atención, coidados, mimos que antes recibían dos seus feligreses, pero agora que escasean precisan crear outro xeito de integrarse nas novas comunidades. 

Nesta conferencia falarase de conservación dos edificios, de accesibilidade, de expolio artístico…

Unha voceira da asociación estará en Cee este venres para falar disto. Carme Varela é secretaria da asociación O Sorriso de Daniel, asociación que recibiu o Premio da Crítica de Galicia e o Premio da Cultura Galega na modalidade de patrimonio. A conferenciante ten publicado a peza teatral As Desterradas que foi escrito como complemento a unha das actividades de limpeza en edificios románicos en ruínas e polo que recibiu o Premio Álvaro Cunqueiro outorgado polo Agadic e o Premio Follas Novas outorgado polas asociacións de Editores, Libreiros e Escritores.

Comentarios