Martes. 28.09.2021
El tiempo

Suso Bahamonde lánzase ao relato con "Instrucións para matar un oso"

A primeira presentación e venda de exemplares será este sábado en Corcubión
Suso Bahamonde estrea Instrucions para matar un oso
Suso Bahamonde lánzase ao relato con "Instrucións para matar un oso"

Dende a publicación de “Caída”, compartiramos con el a nova (a)normalidade de sempre. Pero non sabiamos que estabamos preparando a saída dun novo libro.

O poeta, natural da Coruña pero residente en Cee, Suso Bahamonde, presenta este sábado “Instrucións para matar un oso”, publicado pola editorial Belagua. A primeira presentación é este sábado 8 de Maio na casa da cultura de Corcubión, e servirá tamén para lanzar os primeiros exemplares á venda.

Suso Bahamonde presenta Instrucions para matar un oso

O libro trae “9 relatos, 9 historias sobre personaxes perdidos no tempo e no espazo. Mulleres e homes baleiros e tremendistas que deambulan en diferentes épocas e condicións sociais sen atopar o seu propio lugar neste planeta. Atrapados en situacións, traballos e vidas que non pediron e das que non saben sair. Dominados pola sociedade e coa esperanza (perdida) de poder vivir á marxe desta, aínda que no seu intento lles custe a cordura ou incluso a vida”.

É a primeira incursión na narrativa deste ex membro do Batallón Literario da Costa da Morte e do grupo poético musical “The Inversos”, despois da participación poética en varios libros colectivos e de tres obras individuais: Óxido nas flores da tarde (Letras de Cal, 2001), Expansión (Didot Editorial, 2017) e Caída (M Editora, 2019).

Artigos de Suso Bahamonde en QPC

Novas de Suso

comentarios