Talía Teatro lembrou os 40 anos do teatro profesional na Gala dos XXII Premios de Teatro María Casares


Toda unha honra para Talía Teatro ser a condutora da gran noite do teatro galego. A Gala dos XXII Premios de Teatro María Casares tivo máis acento costeiro ca nunca, coa presentación da man da nosa eterna compañía que aproveitou a ocasión para repasar a historia dos 40 anos do teatro profesional en Galicia. Dirixida por Artur Trillo, a gala fixouse naquelas obras do ano 78 que fixaban as primeiras estruturas do teatro profesional en Galicia, servidno como base para facer unha viaxe en clave de humor que tamén servise para rirse de si mesmos, desas cousas intrínsecas dun sector tan activo como o da escea galega.
En clave de premios, a Costa da Morte, este ano, só pode gabarse do Mellor Actor Secundario, que gañou o cormelán Víctor Mosqueira, por “A cabeza do Dragón”, de producións Teatrais Excéntricas.

Xa podedes consultar todos os galardóns na web da organizadora AAAG, quedando moi repartidos, con varios espectáculos (Resaca, de ilMaquinario Teatro; Elisa e Marcela, de A Panadaría; e A cabeza do dragón, de Producións Teatráis Excéntricas) recibindo 4 premios María Casares cada un.
Houbo aínda algunha gheada máis durante a gala coa lectura do Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro por parte da ceesa María Lado e a súa compañeira de andainas Lucía Aldao. O dúo artístico Aldaolado deixaron claro que “o teatro é a República da liberdade”.

40 anos do teatro galego = 30 anos de Talía
A Gala, que se desenvolveu no Teatro Rosalía da Coruña, contou ademais co acompañamento musical do Coro do Encaixe. Os protagonistas que levaron o peso do espectáculo foron os actores costeiros Toño Casais, María Ordóñez, Marta Lado, Diego Rey, Rubén Prieto, Marta Ríos, Xurxo Barcala e Dani Trillo, quen tamén se encargou do deseño da escenografía.
A resposta do público foi unánime ante a dinámica condución da Gala, e todos loubaron o traballo da compañía costeira. Foi unha fermosa maneira de cumplir 30 anos. Parabéns Talía!.
Novas relacionadas
- 2017: De Talía Teatro ao Hormiguero de Antena3.
- Marzo 16: Talía Teatro presenta en Cee “Foucellas”, a súa nova obra.
- 2012: Entrevista de traballo con Talía Teatro.
- 2012: A Mostra de Teatro de Cee baixa a persiana aos seus 25 anos.
- Mostra 2011: Talía Teatro puxo o peche a unha nova e abarrotada Mostra de Teatro de Cee.
- 2011: Talía Teatro non ten “Pelos na lingua”.
- Verdades de Louzán sobre a Mostra: 25 anos despois.
- Verdades de Louzán sobre a Mostra: Mercenarios.
Novas relacionadas
- 2018: A compañía costeira Talía Teatro conducirá a gala dos XXII Premios María Casares.
- #MariaCasares17: Acento costeiro nos Premios María Casares do teatro galego.
- 2017: A Costa da Morte copa as nominacións aos Premios María Casares.
- 2017: Marta Lado e Federico Pérez, nomeados para os #MestreMateo17.
- 2016: Unha manchea de artistas da Costa da Morte nas pre candidaturas aos Premios #MaríaCasares e #MestreMateo.
- María Casares 2015: Xurxo Borrazás celebrou o Día do Teatro nos Premios María Casares.
- MaríaCasares 2014: Os MaríaCasares convertíronse nun furancho por Pico.
- María Casares 2013: Os mellores actores de Galicia son da Costa.
- María Casares 2012: Talía Teatro e Vicente de Souza traen dous novos premios á Costa duns María Casares máis reivindicativos ca nunca.
Máis novas audiovisuaus
- As minas de Barilongo de Santa Comba, un escenario de película.
- Ana Oca estréase como actriz en Hospital Real.
- Dous costeiros no Hospital televisivo de Urxencia Cero.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).