Os taxis de Cee fan un parón ante a surrealista subida dos prezos dos seguros

Centos de taxis de todo o estado estiveron convocados esta mañá de mércores 29 de xaneiro para facer unha parada en contra da subida de prezos dos seguros. Numerosos taxis de Cee, pararon ás 11:00h e fixeron un percorrido en fila polo centro da vila, facendo soar as súas bocinas, para denunciar as prácticas abusivas das compañías de seguros.
Porque a subida dende hai 3 anos, e sobre todo neste último ano é case que surrealista. Os taxistas máis veteranos, que levan pagando todxa a vida un seguro a todo risco por 500€, de repente, sen ter partes nin nada, atópanse con que teñen que abonar 1.500€ só a terceiros.
Pero está a cousa aínda máis complicada para as novas xeracións, nun momento no que o relevo xeracional é fundamental xa que son moitos os taxistas en idade de xubilación. Jeremy, taxista de 24 anos de Cee, está a pagar 3.600€ polo seguro, e nos asegura que hai compañeiros que están achegando a pagar 4.000 ou 5.000 polo seguro, moitos obrigados ademais a contratar un seguro de vida polo menos o primeiro ano.
E iso para quen ten “a sorte” de non ser botado das aseguradoras, como lle ten pasado a máis dun.
Unha situación que complica moito á hora de vender a licencia de taxi para os taxistas que se están a xubilar.