Venres. 19.04.2024
El tiempo

Todos os días son o Día das Letras Galegas

Todos os días son o Día das Letras Galegas
Concurso de debuxo de Lumieira en Carballo Un dos debuxo do Concurso de Lumieira en Carballo Unha completa xornada das Letras Galegas vivíu a Costa da Morte. Unha Costa da Morte onde todos os días son o Día das Letras Galegas gracias ao amplo uso real da nosa lingua. Pero, en todo caso, esta data celébrase con fervor en toda a bisbarra, convertindo á Costa da Morte no epicentro cultural de Galicia. Que mellor que aldea do Couto para demostralo.  

A Festa de todas as Letras

Cheo tras cheo na Fundaciona Eduardo Pondal co Festiletras Cheo tras cheo na Fundaciona Eduardo Pondal co Festiletras Representa a aldea do Couto o meirande triunfo do mundo rural. O Festiltras é referencia nacional, e así o demostra as citas que tiveron lugar este martes. Pequenos, medianos e maiores fixeron protagonista á cultura, cunha manchea de actividades. Foron os peques os protagonistas deste 17 de maio. Trala convivencia de 185 escolares durante a mañá do luns, este martes arrincaba co III Premio de Poesía Infantil Eduardo Pondal e continuaba pola tarde co I Certame de Teatro Infantil Xosé Neira Vilas, cas aulas municipais de Malpica, Ponteceso, Cabana e Laxe. Teatro Infantil no Festiletras Teatro Infantil no Festiletras A cultura para maiores tamén estivo presente. Viki Rivadulla presentou dúas exposicións e se escoitaron os versos de Suso Bahamonde, Branca Vilela, Ricardo Souto, Miguel Melero e Óscar de Souro, presentados por Luís Giadás. Poetas da Costa da Morte no Festiletras Poetas da Costa da Morte no Festiletras Houbo tempo de sesión vermú, con Tino Vaz na Taberna Agra de Mares. [fbvideo link="https://www.facebook.com/Festiletras/videos/1020884061328660/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Mención aparte para a clase maxistral de Davide Salvado: [fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10154098110542177/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] O menú cultural continúa ata o domingo; así que non perdan a ocasión de visitar a aldea das letras.  

Esteiro por Xosé Agrelo

Esteiro celebrou o Dia das Letras Galegas con Xose Agrelo Esteiro celebrou o Día das Letras Galegas na Alameda xunto ao busto de Xosé Agrelo Como todos os anos, contra a 13:30h, os veciños de Esteiro celebraron a festividade das letras galegas rendindo homenaxe ao escritor Xosé Agrelo Hermo. Ducias de veciños participaron nunha ofrenda floral diante do busto que o escritor noiés ten na alameda de Esteiro. O acto, dirixido polo actor Rodrigo Molinos, consistiu na colocación dun ramo de flores polos netos do escritor. O presidente da asociación cultural O Xeito, tomou a palabra indicando que no pasado mes de abril foi presentada na sé da Real Academia Galega a solicitude para que se lle conceda a Agrelo o día das Letras galegas en 2017, culminando así un traballo de dous anos buscando apoios para unha iniciativa xurdida de Manuel Abelleira e Soledad Perol. Cristina Agrelo, deu lectura a un texto de Pepe Agrelo sobre a obra "Os soños na gaiola" de Manuel Maria. O acto seguiría coa interpretación por parte de José Ramón de Belita de dúas cancións con letra de Manuel María. Rematando cos acordes do himno galego cantado por todos os veciños asisentes ao mesmo.  

Carballo pon unha G en ti

Concurso de Debuxo de Lumieira en Carbalo Concurso de Debuxo de Lumieira en Carbalo Cheas de sol, de xente e de libros estiveron as rúas de Carballo para celebra o día das Letras. Un tesouro eses debuxos dos máis pequenos que participaron no concurso de debuxo da Asociación Cultural Lumieira, provocando unha verdadeira invasión a Praza do Concello. Tamén invadiron os libros, que saíron ás rúas para escoitar o Concerto das Letras da Banda Municipal. Libros a rua nas Letras Galegas de Carballo Libros á rúa nas Letras Galegas de Carballo A data rematou a golpe de música, cunha sesión vermú a cargo das bandas locais que crearon o CD "Son Carballo”. Portakomporta, Dude, Crú, Lowcos e Versión Imposible, entonaron o ”E pousa, pousa, pousa…” Rockeira sesion vermu nas letras galegas carballesas Rockeira sesion vermu nas letras galegas carballesas  

Letras e viño por Fisterra

Vino e letras en Fisterra con EteladnPan Fermosa celebración a que fixeron os amigo de Etel&pan na Praza da Constitución de Fisterra. Mollar letras con viño, acompañadas por pan de Gemán e conservas galegas, parece unha maridaxe perfecta, ideal para unha terraza con sol. O poeta foi Carlos Abeledo e as Adegas do Ribeiro que presentaron os seus viños foron a Adega Pousadoiro e a Adega O Alborexar, dúas pequenas adegas de Castrelo de Miño, foron os protagonistas. Vino e letras en Fisterra con EtelandPan en Fisterra 2

Cheo en Cee

Concerto na Casa da Cultura de Cee-Foto-Rafa Quintans 2 Concerto na Casa da Cultura de Cee-Foto-Rafa Quintán Emotivo concerto da Banda de Música de Cee, e da mini Banda da Escola de Música, cos gaiteiros acompañados de Óscar Ibáñez e a compañía do coro dos rapaces da Escola. Moi boa entrada no auditorio  Baldomero Cores na Casa de Cultura de Cee, polo Día das Letras Galegas 2016. Boa entrada na Casa da Cultura de Cee-Foto-Rafa Quintáns Boa entrada na Casa da Cultura de Cee-Foto-Rafa Quintáns  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios