Venres. 19.04.2024
El tiempo

Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría

Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría
ferroatlantica rexistro dumbria ferroatlantica rexistro dumbria Continúan movéndose os traballadores de Ferroaltántica ante a amezada da venda das centrais hidroeléctricas da Costa da Morte. Así, o comite da empresa rexistrou onte no concello de Dumbría a solicitude dunha reunión co alcade da localidade - José Manuel Pequeño - e unha moción na que lle piden á corporación municipal instar á Xunta de Galicia á non segregación das actividades de enerxía e ferroaleacións e, polo tanto, a non autorización á venda das centrais explotadas polo grupo Villar Mir na comarca. Reunión co PP Por outra parte, despois das reunións con membros do BNG, de En Marea e do PSdeG, o comité da empresa Ferroatlántica mantivo onte unha reunión do deputado popular - Aurelio Núñez - e coa concelleira do PP en Cee - Zaira Rodríguez -á quen lles puxeron de manifesto a grave repercusión que esta venda tería para as fábrica e o negativo impacto tanto social como económico na comarca - cuestión das que xa son coñecedores -. Desta forma, esixíronlle que insten ao presidente da Xunta a recibir ao Pleno do Comité para cumprir coa legalidade e a que non autorice a venda das centrais. Concentración Ante a gravidade da situación, mañá venres ás 13:30 horas terá lugar unha concentración ás portas da fábrica de Cee á que están chamados todos os traballores e traballadoras da empresa así como a veciñanza en xeral. Novas relacionadas   Fonte

Comentarios