Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os traballadores/as de XEAL retoman mobilizacións por un convenio digno e para esixir o rearranque dos fornos

O mércores día 10, concentraranse diante da fábrica de Brens ás 17:15 horas
Manifestacion XEAL
Os traballadores/as de XEAL retoman mobilizacións por un convenio digno e para esixir o rearranque dos fornos

Volven á rúa. Despois dunhas semanas de parada para ver a resposta da dirección en relación á negociación do convenio colectivo, o comité de XEAL acordou retomar o calendario de mobilizacións semanais. I é que semella que a dirección da empresa, ademais de deixar pasar o tempo, vai en dirección contraria aos intereses dos traballadores, unha vez que o Comité sinala que a empresa quere deixar caer o actual convenio de empresa e pasar a aplicar o convenio provincial do metal da Coruña, de condicións salariais, laborais e sociais inferiores.

Así a primeira concentración terá lugar o mércores día 10, ás 17:15 horas, diante da fábrica de Brens (Cee). Paralelamente o comité ten previsto solicitar unha mediación no AGA para tentar desbloquear a situación e poder iniciar unha negociación real do mesmo.

As mobilizacións tamén servirán para esixir un calendario para o rearranque dos fornos parados, que contemple datas concretas e previsións de produción de cara ao vindeiro ano. “É de todo ilóxico e irresponsábel continuar recortando a actividade produtiva das nosas fábricas cando está medrando a demanda de ferroaliaxes no mercado internacional e cando a propia FerroGlobe (provedor e cliente único das plantas de Cee e Dumbría) requiriu que se puxeran en marcha dous fornos, que XEAL se negou a arrancar por disputas entre ambas compañías”, sinala Alfonso Mouzo. Un Mouzo que, unha vez máis, fai un chamamento á que o goberno galego esixa o Plan de Viabilidade.

Comentarios