Os traballadores de XEAL denuncian que a produción das fábricas non chega ao 10%

As concentracións voltaron ás portas da fábrica de Brens
Volveron as mobilizacións tralo parón de Nadal dos traballadores de Xeal. Volveron trala nova evidencia de “o seu único interese polo substancioso negocio enerxético”. Así o entende o Comité que convocaba unha nova concentración ás portas da fábrica de Brens este venres ás 17:15. Unha concentración algo menos numerosa que as anteriores no Concello, pero as horas e o peche perimetral do Concello de Cee imposibilitan que haia máis seguemento.

A situación segue a ser crítica no seo da fábrica, con continuas redución de emprego (sen suplir as xubilacións), e unha porcentaxe de produción que dende o Comité calculan por debaixo do 10%, xa que só están en marcha 2 dos 5 fornos, e os que funcionan paran 13 horas ao día...  "Mentres as centrais están a tope", explican deixando patente o interese da nova propiedade polo negocio enerxético.

Ademais, lembran á Xunta que segue sen esixir o tan veces nomeado Plan de Viabilidade.

 

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA