Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Conflito XEAL: Outro venres máis na rúa

Concentracion de traballadores de XEAL as portas do Concello de Cee
Concentracion de traballadores de XEAL as portas do Concello de Cee
Conflito XEAL: Outro venres máis na rúa

Continúan en loita os traballadores de XEAL, visibilizando a problemática laboral da industria costeira, e deixando patente a inacción do goberno da Xunta ante “o intento de segregación encuberta” que estaría realizando a nova propietaria.

Este venres continuaron co calendario de mobilizacións facendo a súa concentración semanal ás portas do Concello de Cee, desta volta co lema “A Enerxía ó servizo das fábricas. Non especuladores de Enerxía”, en clara alusión a que o verdadeiro interese do fondo de investimento que comprou as fábricas é a produción hidroléctrica das centrais do Xallas.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Comentarios