Xoves. 15.04.2021
El tiempo

"XEAL volve evidenciar o seu único interese polo substancioso negocio enerxético"

  • O comité retoma as mobilizacións este venres cunha concentración ás 17:15 diante da fábrica de Brens.
XEAL na rua
As mobilizacións volven este venres diante do Concello de Cee
"XEAL volve evidenciar o seu único interese polo substancioso negocio enerxético"

Segue convulsa a realidade nas fábricas de Cee e Dumbría e as Centrais Hidroeléctricas do Xallas neste comezo de 2021. De feito, o Comité vén de decidir retomar as mobilizacións este venres cunha concentración ás 17:15h ás portas da fábrica de Brens. Faino a raíz da nova decisión da !empresa XEAL de presentar recurso de casación diante do Tribunal Supremo contra a decisión do TSXG que avalou o acordo de Augas de Galiza a través do que, en atención ao establecido nas cláusulas das concesións de explotación, se denegou a empresa a autorización para segregar as actividade de ferroaliaxes da produción eléctrica".

"Evidénciase, unha vez máis, que o verdadeiro interese de TPG-Ithaka está no substancioso negocio enerxético, pois mentres as fábricas sofren un progresivo deterioro por falta de investimento e o recorte drástico das capacidades produtivas, a empresa non escatima esforzos na súa batalla para conseguir a segregación das centrais", sinalan dende o Comité.

"Un obxectivo obvio, xa que, tras a adquisición do complexo enerxético e industrial, o fondo norteamericano negouse a retirar o recurso contra a resolución de Augas de Galiza interposto en 2017 por Ferroatlántica, aínda sendo coñecedora da ilegalidade da desvinculación de actividades. Unha teima na que agora incide presentando este recurso no Supremo".

WhatsApp Image 2021-01-14 at 18.41.20

Reducindo empregos e sen plan de viabilidade

Hai que subliñar que "a empresa está reducindo de maneira alarmante os empregos, xa que non suple as xubilacións que se producen tanto por idade como por incapacidade".

Así mesmo, o Comité lémbralle á Xunta a necesidade de prsentar o Plan de Viabilidade, pedido pola Consellería Economía, Empresa e Innovación despois que se produxera a venda hai xa un ano e medio. "A vinculación de actividades é a mellor garantía para o mantemento e a continuidade de todos os postos de traballo, hoxe baixo ameaza constante polo escaso interese da empresa na produción de ferroaliaxes."

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

o.

comentarios