Domingo. 01.11.2020
El tiempo

Os traballadores de XEAL pídenlle aos rexedores que non fiquen “pasivos ante o desmantelamento das fábricas”

Esta foto botárona os alcaldes e alcaldesas da comarca xa o pasado agosto de 2019, cando enviaron unha carta a Feijoo para esixirlle que sexa garante da non segregación das producións hidroeléctricas e de ferroaleacións
Esta foto botárona os alcaldes e alcaldesas da comarca xa o pasado agosto de 2019, cando enviaron unha carta a Feijoo para esixirlle que sexa garante da non segregación das producións hidroeléctricas e de ferroaleacións
Os traballadores de XEAL pídenlle aos rexedores que non fiquen “pasivos ante o desmantelamento das fábricas”

En abril pedían “compromiso” aos alcaldes/as da comarca ante o posible ERTE. E este pasado martes, os membros do Comité de Empresa de XEAL pedíronlle aos [email protected] que non fiquen “pasivos ante o desmantelamento das fábricas”.

Fixérono no marco dunha rolda de contactos institucionas, despois de pedirlle á Xunta que actúe xa, nunha xuntanza para “demandarlles a súa implicación activa e que se poñan á fronte da defensa do futuro industrial da Costa a Morte”.

O Comité lembrou que as fábricas están ao 10% da súa capacidade de produción, con só dous fornos acendidos, perdédonse xa a estas alturas “máis de 80 postos de traballo entre persoal eventual e das industrias auxiliares”.

Por iso, dende o comité reclamaron ás e aos alcaldes que poñan este conflito no centro da axenda política e soliciten unha reunión co presidente da Xunta para abordar a situación das fábricas e esixirlle que demande á empresa o preceptivo plan de viabilidade "polo que levamos agardando dende hai máis de un ano". E no caso de que XEAL non presente este plan que “se lle abra expediente polo incumprimento das cláusulas das concesións e se proceda ao rescate destas por parte da Xunta”.

"O que non poden facer os concellos é continuar pasivos ante o deterioro das fábricas e a destrución de postos de traballo. Teñen que facer unha fronte común”, solicitan.

As peticións foron ben acollidas polos alcaldes e alcaldesas que se comprometeron a pedir unha reunión coa presidencia da Xunta para tratar a situación das fábricas e das concesións hidráulicas e demandarlle actuacións urxentes.

Continúa o calendario de mobilizacións

O Comité tamén acordou continuar adiante co calendario de mobilizacións para esixir o plan de viabilidade e un calendario de rearranque dos fornos, desta volta con concentracións semanais todos os venres, ás 19 horas, diante da Casa do Concello de Cee.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

comentarios