Mércores. 20.01.2021
El tiempo

As mobilizacións do Comité de XEAL volveron ás portas da fábrica

Manifestación do Comité de XEAL ás portas da fábrica de Brens
Manifestación do Comité de XEAL ás portas da fábrica de Brens
As mobilizacións do Comité de XEAL volveron ás portas da fábrica

Despois de varios meses concentrándose diante do Concello de Cee, as protestas do Comité de Empresa de XEAL, trasladáronse ás portas da fábrica de Brens.

O calendario de mobilizacións segue mantendo con firmeza a necesidade de que a empresa presente un Plan de Viabilidade (“Fornos en marcha XA!” sinala a nova pancarta) que ademais blinde a concesión hidroeléctrica á produción industrial.

Ademais, a imaxe da pancarta recupera a esencia do lema “As nosas centrais non se venden” que liderou as protestas durante anos, para deixar claro que a día de hoxe “os nosos fornos non se pechan”.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

comentarios