Sábado. 17.04.2021
El tiempo

Os traballadores de XEAL usan o lote de Nadal para dinamizar o comercio local

As mobilizacións dos venres dos traballadores de XEAL volven ás portas da fábrica de Cee
Traballadores de XEAL
Traballadores de XEAL na concentración do pasado venres ás portas do Concello de Cee
Os traballadores de XEAL usan o lote de Nadal para dinamizar o comercio local

O comité de XEAL (antiga Ferroatlántica de Cee, Dumbría e Centrais Hidroeléctricas), acordou mudar o lugar das concentracións semanais e a partir deste 4 de decembro, e mentres duren as restricións perimetrais pola incidencia da Covid-19, as protestas faranse todos os venres na porta da fábrica de Brens ás 17:15h.

Non para a nova serie de concentracións comezabas o 9 de outubro, para demandar o plan de viabilidade e a concreción do calendario de rearranque dos fornos.

Prohibicións

Por outra banda, o comité tamén queren denunciar que a dirección da empresa lles prohibiu manter unha reunión na sala que ten asignada o órgano de representación (tal e como aparece recollido no Estatuto dos Traballadores/as) aducindo que había un curso e obstaculizando desta maneira o labor sindical do comité.

Cesta de Nadal, para o comarcio local

O comité acordou tamén repartir preto de 10.000 euros do lote de nadal en vales de 30 euros para que os traballadores/as gasten no comercio e a hostalería local. Con esta medida o persoal quere colaborar co sector ante a crítica situación que atravesa por mor das restricións e a crise derivada da pandemia, e lanzar tamén unha chamada a mercar e consumir nos establecementos da comarca.

Lembran que o tradicional lote de nadal non é un regalo da compañía, senón un concepto que se detrae da nómina dos traballadores e das traballadoras e que o comité se encarga de xestionar.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

comentarios