Mércores. 25.11.2020
El tiempo

O persoal de XEAL segue esixindo, na rúa, o Plan de Viabilidade

O persoal de XEAL segue esixindo, na rúa, o Plan de Viabilidade
O persoal das fábrica de XEAL continuaron esta pasada tarde de venres coas concentracións semanais diante do Concello de Cee. Fano para seguir esixindo a presentación do Plan de Viabilidade, e para denunciar a falta de investimentos nas fábricas.

Un bo exemplo son os problemas para poñer en marcha o forno 14, como anunciaban esta semana. Aseguran que o arranque se atrasa “a causa do estado de abandono no que se atopa”., demostrando que “a falta de investimentos nas fábricas, nin tan sequera para garante o mantemento adecuado dos fornos en previsión da súa posta en marcha”.

Así acontece tamén co “lamentábel estado da fachada do forno 13, que por risco de desprendemento constitúe un perigo para os/as traballadores/as e incluso para os/as viandantes”.

En calquera caso, o comité quere aclarar que o arranque deste forno non supón máis que unha produción real do 15%, cando o resto do sector está fabricando por enriba do 75%, incluíndo o único cliente de XEAL, FerroGlobe. “Isto demostra a condición de “subcontrata” das plantas de Cee e Dumbría, atadas nas súas capacidades produtivas ao que decida FerroGlobe, porque dependen deste grupo tanto para a subministración da materia prima como para saír ao mercado, ao que non pode concorrer libremente para colocar os seus produtos”.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

comentarios