Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O troquel co que se facían os botóns do uniformes do Fernando Blanco volve a Cee

Troquel da Fundacion fernando Blanco recuperado
Troquel recentemente recuperado pola Fundación Fernando Blanco
O troquel co que se facían os botóns do uniformes do Fernando Blanco volve a Cee

Boton da Fundacion Fernando BlancoAs voltas que dá o mundo, moitas veces gracias á rede. Atopaba non hai moito tempo Juan Manuel Trillo Caamaño na rede, unha peza á venda relacionada coa Fundación Fernando Blanco. Tratábase dun troquel (cuño) de finais do século XIX que serviría para acuñar moedas ou fichas, e no que se podía ollar unha alegoría do ensino rodeada da inscrición “COLEGIO BLANCO CEE”.

Unha peza que rematou nas mans dunha tenda de coleccionismo de obxectos militares e antiguedades de Guadalix de la Sierra (Madrid). Darío Areas, coordinador do Museo e Secretario da Fundación Fernando Blanco, púxose a revisar as fichas de catalogación dos fondos da Fundación Fernando Blanco para resolver o “enigma”.

O troquel nunca fora propiedade da Fundación, pero si que foi propiedade do taller ao que a Fundación encargaba elaborar os botóns dos uniformes do persoal subalterno (tipo xardiñeiros, carpinteiro, bedel, etc) do Instituto Fernando Blanco dende os seus inicios.

Uniformes do Fernando Blanco de Cee foto de Ramon Caamano 1937
Traballadores do Fernando Blanco cos uniformes e ese botóns realizados polo famoso troquel-Foto-Ramón Caamaño (1937)

Resulta que estes botóns dos uniformes eran fabricados pola Casa Lucas Sáenz de Madrid, fundada por Lucas Sáenz Rodríguez en 1844 na rúa Esparteros nº 1. O fundador morreu en 1885, pero a empresa seguiu en funcionamento nas mans da súa viúva, fillos e descendentes ata o ano 1927, en que se fai cargo dela Vicente Rodríguez Méndez.

Agora, tras unha negociación, o troquel xa está no poder da Fundación.

Comentarios