Turoperadores de todo o mundo interesáronse na Costa da Morte na Turexpo de Silleda

Estivo presente a Costa da Morte no V Salón Turístico de Galicia Turexpo 2015. E o fixo gracias á vontade de varias iniciativas privadas pois parece que promocionarse en Galicia non ten sentido para concellos e entidades supramunicipais, se ben boa parte do noso turismo é galego.

En todo caso, a Costa da Morte parece que espertou o interese de turoperadores de todo o mundo. Iso nos contan os compañeiros de Travels to Finisterre, a nova Axencia de viaxes ceense. A entidade, baixo o lema “Especialistas en Costa da Morte”, levaron unha idea moi global para promocionar o “Destino Costa da Morte”, máis alá dos propios servizos. Ademais, seguiron espallando o Camiño dos Faros, do que é axencia distribuidora oficial. Alí estiveron Enrique Pérez Sampedro, Javier Calaza e Diego Vigo Iglesias.

Fisterra, con presencia triple

Tivo Fisterra un posto a tres bandas. Un día tocoulles o turno aos epresentantes da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Fisterra. Javier Trillo, Antonio Quintas e Diego Díaz, ofreceron información detallada sobre os actos litúrxicos da Semana Santa e sobre a importancia desta celebración, declarada de Interese Turístico.
Fixeron unha “valoración foi moi positiva”, despois de repartir trípticos en castelán e inglés durante toda a xornada e mais os libros editados sobre a Semana Santa, dando conta ademais do interese que xenera nos turoperadores e público en xeral.

Tocoulles a Brigantia Viaxes e Mar de Galicia, e colaboración co Hotel Rústico Spa Finisterrae e Restaurante Tira do Cordel, atender ás ducias de persoas pasaron polo noso stand ao longo da xornada, maioritariamente procedentes de diferentes cidades e concellos de Galicia, para solicitar información acerca dos nosos servizos. Ao mesmo tempo, recibiron trípticos, folletos e información diversa sobre Fisterra e, especialmente, sobre os dous novos paquetes turísticos deseñados e postos en marcha, para promocionar o Camiño de Santiago a Fisterra e Fisterra e o seu faro como destino ideal para casamentos. Ditas iniciativas tiveron moi boa acollida neste quinto Salón do Turismo de Galicia, e colleitaron numerosas críticas positivas pola súa orixinalidade.

Precisamente, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi unha das autoridades que se achegou pola mañá polo noso stand e que non dubidou en gabar estes dous proxectos bautizados cos nomes de “Cásate con Fisterra” e “De Santiago ao Fin da Terra”.

Por outra banda, os fundadores e propietarios de Brigantia Viaxes, Martín Canosa e Manuel Canosa, estableceron numerosos contactos con diferentes touroperadores e axencias nacionais e internacionais para abrir vías de colaboración coa fin de poñer en valor os servizos e produtos turísticos relacionados con Fisterra e o Camiño de Santiago de Compostela a Fisterra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).