O BNG propón coidar o turismo de autocaravanas


Cada día son máis as autocaravanas que atravesan a península para chegar ata a fin da terra. Holandesas, francesas, italianas, alemanas, de toda a península… De todas partes chegan ata aquí, pero sen embargo, non se atopan a gusto, pois na Costa da Morte apenas hai espazos onde pasar unha agradable noite, sen ter que facelo de escaqueo no aparmento dunha praia.
Que se o peirao de Camariñas, que se un aparcamento no Cabo Fisterra… espazos que nin sequera teñen puntos de auga, como a Estación de Servizo Bazarra, unha entidade privada máis preocupada que moitas administracións. E mira que non é difícil, pois cun par de puntos de recollida de augas fecais e de reposición de auga xa case que bastaría…
Hoxe é o BNG comarcal o que se lembra deste fenómeno en auxe en todo Europa. Segundo os dados da DXT, cada ano visitan o estado español unhas 400.000 autocaravanas, ás que hai que engadir as 35.000 que están matriculadas no conxunto estatal. En Europa andan preparados, hai n Alemaña contan con máis de 2.0000, pensadas para un perfil de turista que ten un poder adquisitivo elevado e que fai viaxes longas, para o gasto medio por persoa pode ser 40 euros por día e que a media dos viaxes oscilan entre os 45 e 100 días.
Sen embargo en Galicia non pasamos das 100 áreas de servizo para autocaravanas. E as mais cercanas a Costa da Morte están situadas no concello da Laracha, se non temos en conta os puntos que falabamos antes. Ademais, a prohibición de estacionamento destes vehículos nos Portos, ocasiona o malestar dos autocaravanistas e sendo un elemento disuasorio para o potencial turístico desta zona.
Por todo isto, o BNG pide á Xunta que debería buscar soluicións aos problemas e implicarse para potenciar este tipo de turismo. E propoñen levar ao Parlamento un “diálogo coas administracións locais, un plan que dote de áreas de servizo para autocaravanas á Costa da Morte. Este plan contará con dotación orzamentaria e iniciarase a súa execución no prazo de dous meses. Mentres estes equipamentos non estean listos, a Xunta de Galiza, desistirá das restriccións impostas ás autocaravanas por estacionar nas dársenas dos portos desta comarca”.
Novas relacionadas
- Costa da Morte, unha das zonas máis virxes de España.
- Carnota si aproveita o tirón das autocaravanas.
- Os autocaravanistas volven facer de Lombáns o seu punto fetiche.
Fonte
- Nota de prensa do BNG.