Por fin unha senda peonil ata o Faro Fisterra


Pois non era tan cara. Unha axuda de 150.000€ da Deputación servirá para solventar un dos meirandes problemas do Camiño en Fisterra: a senda peonil dende a igrexa de Santa María das Areas ata o faro de Fisterra. Unha carencia que, ademais de poñer en perigo a peregrinos e veciños, deixaba en mal lugar a toda a Costa da Morte.
Deste xeito, por fin, a Deputación levará a cabo reparación da senda peonil que leva ao faro. Curioso, en todo caso, que indiquen que “o alcalde trasladou á institución provincial o mal estado actual da senda que transcorre na súa maior parte do percorrido en paralelo á estrada, o que tamén supón certo perigo pola escasa sección da senda actual e o seu mal estado”. Esquece a Deputación que non hai senda nin hai nada, e que os peregrinos levan anos xogándose a vida compartindo asfalto cos coches.
Os traballos consisten en mellorar a senda dende o borde da calzada existente e realizar todos os recheos necesarios ao longo do traxecto. Co paso do tempo espérase consolidar unha nova vexetación e que a senda quede rehabilitada.
Novas relacionadas
- Fisterra queda sen o seu selo de Patrimonio Europeo ante a irresponsabilidade municipal.
- Oficina de Turismo: Pechada por vacacións.
- Necesidades do Camiño: Unha verdadeira ordenación do Cabo Fisterra.
- O Cabo Fisterra terá que agardar máis dun ano polo seu ambicioso Plan Director.
- O Cabo Fisterra, o vertedoiro da fin do mundo.
Máis novas
- CMAT, constituído o ente que coordinará o Xeodestino Costa da Morte.
- Solpor abrirá unha oficina en Santiago sobre o Camiño a Fisterra-Muxía.
- Nava Castro revisa as obras no Camiño.
- A Xunta comprométese a promocionar o Camiño de Fisterra-Muxía no exterior.
- SOLPOR editará unha guía do Camiño de Fisterra-Muxía.
- Nace Solpor, unha Asociación de Profesionais para unir o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.
Terminar o Camiño no Mar, con Jose Antonio De la Riera
- Introito.
- As Orixes (I).
- As Orixes (II): A Translatio.
- Lendas e tradicións (III). O monstro que axexa no páramo: O Vakner (Primeiro ouvido).
- Finisterrae VII. Lendas, tradicións, soños… emocións (I).
- Finisterrae (VII). Lendas e tradicións. O Apóstolo e as cidades “asolagadas ou alagadas”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).