Un #CaféPendiente


A iniciativa de #CafésPendientes nacía en Nápoles hai uns anos, coa intención de axudar aos máis desfavorecidos. Centos de establecimentos de todo o mundo xa forman parte desta acción solidaria, sen ánimo de lucro e baseada na confianza, na que os propios clientes son protagonistas.
A idea é sinxela: tomas un café e deixas un pago por se máis tarde chega algunha persoa con menos recursos que necesite tomar algo pero non o poida pagar.
Na Costa da Morte, o primeiro establecimento que se suma á iniciativa solidaria “Café pendiente” é a Estación de Servicio Bazarra. “Facemos isto co obxectivo de que ningún cativo quede sen almorzar polo Nadal. E seguro que, entre todos o conseguimos”, asegura o propio Julio López, xerente de Bazarra.
Tempo de Nadal, tempo de solidariedade. Seguro que todo o mundo participa.
CAFÉ PENDIENTES from J.TALTAVULL on Vimeo.
Novas relacionadas
- Combustible para que o Patinaxe Artístico invada a Costa da Morte.
- O Agra Raíces abre o seu Rastro Solidario.
Fonte
- Redacción de QPC (Info@quepasanacosta.gal).