Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un ceense no epicentro do socialismo galego

Un ceense no epicentro do socialismo galego
Rafa Villar abaixo a dereita co Movemento Galiza ao Socialismo

Temos falado con el polo miúdo, e este ceense segue o seu camiño político. Por aquí, destacou como poeta do Batallón Literario da Costa da Morte, pero a nivel galego é unha das referencias dun dos grupos máis influíntes da esquerda.

Rafa Villar presentaba, coa súa equipa, os contidos e obxectivos da súa segunda Asemblea Nacional do Movemento Galego ao Socialismo (MGS). Presentaba así un acto aberto, que terá lugar o día 13 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra baixo o lema "Construir e  Avanzar. Galiza independente e futuro socialista".

Esta cita política ten lugar cinco anos despois da formación do MGS e dous anos despois da I Asemblea Nacional, que tivo carácter constituínte, e precisamente cando falabamos con el. A este respecto, Rafa Vilar salientou que "esta nova Asemblea representa un novo paso nun proceso progresivo de afirmación e consolidación, e ten como novidade a definición polo miúdo dun programa político de referencia, concibido con carácter estratéxico”.

Lembrou que ao longo destes cinco anos, "foi crecendo o noso papel na vida política e social do país, e tamén foron aumentando as nosas responsabilidades, hoxe moito mais importantes no BNG, no sindicalismo nacionalista e de clase e nos movementos sociais" e reafirmou que o MGS aposta por unha "vía galega á independencia e ao socialismo porque nin a refomulación do Estado, nin a humanización do capitalismo son posíbeis”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios