Un Debate electoral entre os candidatos, público e aberto na Casa da Cultura Cee


Non hai marcha atrás. Ante o interese amosado por diversos colectivo e numerosos veciños, tomamos a súa palabra para organizar un debate público entre os candidatos á alcaldía de Cee. Un debate que se desenvolverá o mércores 20 de maio, a partir das 20:30h, no Auditorio da Casa da Cultura de Cee. A entrada será de balde ata completar aforo.
Están invitado os 7 candidatos (Ramón Vigo, candidato de IxCee; Zaira Rodríguez, candidata do PP; Serxio Domínguez, candidato do BNG; Margarita Lamela, candidata do PSdG; Plácido García, candidato de Ciudadanos; Álvaro Fernández, candidato de Converxencia Galega e Víctor Somoza, candidato de Unión Cidadá), para unha disputa dialéctica, en clave de propostas, moderado por Mohamed Safa, oftalmólogo palestino aficando en Cee dende hai máis de 30 anos. Un home moi vencellado ao mundo da política, pero que nunca formou parte de ningún partido local.
O debate terá 5 grandes Bloques informativos.
Novas relacionadas
- A veciñanza de Cee pide un debate público e aberto na Casa da Cultura.
- CEE: Cee bate a súa mellor marca en candidaturas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).