Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Un home falece ao caer ao mar no seu vehículo

Un home falece ao caer ao mar no seu vehículo
Un home falecía na tarde noite deste martes 23 de novembro de 2010. O home caía dentro seu coche ao mar no pequeno porto de Coviles, en Cee, ao carón da EDAR. Trátase dunha estrada sen saída polo que as causas do accidente descoñécense. Aos poucos minutos do suceso, ducias de veciños agolpábanse na zona, mentres o Grumir de Cee, Salvamento Marítimo, a Garda Civil, Protección Civl de Cee e de Muxía, os bombeiros de Cee, o helicóptero Helymer Galicia cun equipo de buzos, e o equipo de Urxencias Médicas, facían os traballos de búsqueda. O vehículo continúa a uns 5 m de profundidade e os mergulladores conseguiron reflotar o corpo sen vida do home do vehículo arredor das 20:30h. Segundo nos informa Jose Luis Louzán a través do noso Facebook , tratase dun veciño de Vilar de Toba, Ramon Iglesias Trillo. Tiña 72 anos. Se descoñece a razón q ueo levou a acelerar cando se achegaba o borde do peirao. Conducía un Opel Vectra de cor bermella.

Comentarios